Feira da Primavera
Chegou a primavera e o barrio de San Pedro encárgase esta fin de semana de celebralo, a pesar de que o tempo non acompañe moito. Así a todo hai que lembrarse de que a auga fai falla, así que non nos amarguemos e pasádevos pola sesión vermú a partir das 14h ca orquestra Pantasma.
A partir das 17 tedes un obradoiro de coplas de maios con Luís Caruncho na praza 8 de marzo e ó cabo de media horiña o primeiro pasarrúas da tarde: Un de cada.
Para os máis pequerrechos, contacontos ás 18h no centro socio-cultural A Trisca.
De novo pasarrúas Maghúa Cantareiros ás 19 e ós vinte minutos, na praza 8 de marzo, Desmaios de Maios.
Tamén podes pasarte por alí a ver as famosas decoracións dos balcóns do barrio, cuio gañador se anunciará ás 21h, xunto co pasarrúas máis votado.
Remata a noite ca foliada popular, visita os postos de artesanía e gastronomía ou aprende sobre astronomía ó aire libre ás 20h pero, home… non quedes na casa !
